Voluntarios
Quen somos >> O noso equipo >> Voluntarios
Estes son algúns dos voluntarios que constitúen o noso equipo:
![]() |
Jesús CarnotaNado na Coruña en 1979. Creativo publicitario e deseñador dende 1998, ano no que comeza os seus estudos de Publicidade e Relacións Públicas na súa cidade natal. Ao rematar os seus estudos vaise a Barcelona, onde empeza a traballar como creativo e deseñador tanto para axencias de publicidade como autónomo. Tres anos despois volve á Coruña, onde reside actualmente. |
![]() |
Natalia VereaDe orixe galega, reside en Valladolid. É licenciada en FiloloxÃa Hispánica pola Universidade da Coruña e diplomada en Ciencias Relixiosas pola Universidade de Navarra. Dende os anos de vida universitaria participou activamente na organización de actividades culturais e de acción social promovidas pola Universidade da Coruña, a ONG Cooperación Internacional ou a Asociación Terral. Actualmente exerce como profesora de Lingua e Literatura Castelá no Colexio Alcazarén onde trata de contaxiar aos seus alumnos o interese pola cultura e de fomentar a súa participación en actividades solidarias. |
![]() |
Ana LópezNace en Lugo o 16 de novembro de 1975. É licenciada en Ciencias PolÃticas e Máster en Medios de Comunicación. Dende o ano 2000 dedÃcase ao xornalismo e traballa en distintos medios, editoriais e axencias. A través do seu traballo como correspondente da revista Escuela e as súas viaxes por paÃses de Latinoamérica, entrando en contacto con diversos colectivos implicados na educación para o desenvolvemento. Esta experiencia sensibilÃzaa coa importancia da escolarización para o futuro dos máis desfavorecidos. Colabora con Semilla para el Cambio no Departamento de Comunicación. “Semilla é unha aposta pola solidariedade, pola igualdade de oportunidades, por crear xustiza nun mundo de inxustizas… por crer firmemente que, se nos empeñamos, podemos cambiar as cousas“. |
![]() |
Iris TarrÃoOrixinaria de Narón, actualmente reside na Coruña. A súa inclinación cara á creatividade lévaa a estudar Publicidade e RRPP en Pontevedra, e a interesarse polo mundo do deseño gráfico. Tras licenciarse, traballa no Departamento de Publicidade dunha editorial coruñesa con varias cabeceiras de prensa local. En 2008 completa a súa formación cun Máster en Dirección de Comunicación Empresarial e Institucional pola UAB. Consciente do papel primordial que a comunicación entraña para toda organización, decide unirse a Semilla para el Cambio para comunicar e sensibilizar sobre o labor da ONG en Benarés. |
![]() |
MarÃa BodelónNada na Coruña en 1977, orixinalmente gradúase en FiloloxÃa Inglesa. Vive 9 anos no Reino Unido, onde estuda un MBA e un Máster en Informática subvencionado pola Obra Social de Caixa Galicia. Traballa no Departamento de Finanzas de British American Tobacco durante 5 anos. En 2008 decide dar un xiro á súa vida, matriculándose nun Máster en Cooperación en IDS (Institute of Development Studies, Brighton). Seguidamente embárcase nunha viaxe en solitario por Oriente Medio e Asia, ao final do cal decide fundar e impulsar o proxecto educativo de Semilla para el Cambio, para mellorar o futuro de nenos en eidos de extrema pobreza na India. |
![]() |
Jordi Serra e Sheila FerrerNados en Gironella (Barcelona) en 1976 e 1978 respectivamente, levan compaxinando unha década as súas profesións de enxeñeiro informático e xeógrafa, coa súa paixón por viaxar. O seu desexo de traballar para os máis desfavorecidos nos paÃses do Sur, onde tan incondicionalmente foran acollidos durante as súas viaxes, anÃmaos a formarse en Cooperación Internacional coa Cruz Vermella. A principios de 2011 aparcan a súa mochila en Varanasi, dende onde xestionan os proxectos de Semilla para el Cambio. |














English
Español
Français
CatalÃ
Galego