Sanidade e nutrición
Que facemos >> Cooperación >> Sanidade e nutrición

© Yan Seiler
Na India, o 46% dos nenos padece desnutrición, o que se reflicte no seu baixo talle. Esta desnutrición é consecuencia da falta de medios económicos, a desinformación e as malas condicións hixiénico-sanitarias (coma o consumo de auga contaminada ou a transmisión de parasitos).
As secuelas da desnutrición son moi serias e irreversibles e van máis alá dun desenvolvemento fÃsico deficiente. Unha alimentación insuficiente e pouco equilibrada limita o desenvolvemento mental do neno durante o resto da súa vida e leva consigo unha maior susceptibilidade de contraer enfermidades.
A partir do último trimestre de 2010 ofreceremos aos beneficiarios unha merenda ou xantar diarios que complementen a súa dieta, para asegurar un crecemento equilibrado e controlar a desnutrición que moitos destes nenos padecen.
Na India, o acceso á sanidade é prohibitivo para familias que viven por debaixo do lÃmite da pobreza. Por iso, Semilla para el Cambio ten previsto establecer convenios de colaboración con institucións sanitarias e outras entidades para realizar campañas de vacinación e revisións médicas.
Paralelamente, formaremos grupos de nais en hixiene, nutrición, atención materno-infantil e prevención de enfermidades, porque a mellora na nutrición e saúde empezan pola hixiene e os hábitos familiares.








English
Español
Français
CatalÃ
Galego