Educación
Que facemos >> Cooperación >> Educación

© Yan Seiler
En Benarés, máis de 200.000 nenos e nenas carecen dos medios para ser escolarizados. Case a metade deles vense obrigados a contribuÃr ao sustento familiar dende idades prematuras. Cunha situación familiar de pobreza, desnutrición e analfabetismo, estes nenos e nenas están abocados a unha vida, que como a dos seus pais, ten por único obxectivo a subsistencia.
Para frear esta espiral de pobreza que se vén transmitindo de xeración en xeración, en Semilla para el Cambio fixemos da educación o punto central da nosa estratexia, a ferramenta que capacita os beneficiarios para conseguir o seu pleno desenvolvemento.
O mero acceso á educación non é suficiente. A calidade é un elemento fundamental, máis se cabe para as colectivos que sofren exclusión. Na India, o ensino público sofre de carencias fundamentais: falta de material escolar, un número excesivo de alumnos/as nas aulas, elevado absentismo laboral entre os docentes, o que dificulta enormemente as condicións da aprendizaxe.
Para lograr un cambio significativo e duradeiro, apostamos por unha educación integral e de calidade. No noso proxecto ‘Escuela’ escolarizamos nenos no centro Learning Point, un colexio que imparte clases tanto en hindi coma en inglés, e prepara os seus alumnos para afrontar os retos do actual mundo laboral.
Os beneficiarios tamén asisten a clases de apoio e participan en actividades lúdicas e formativas. O obxectivo do noso proxecto non é só a instrución escolar dos nenos, senón tamén que reciban unha educación en valores e outros hábitos sociais e de hixiene, ao tempo que se integran con outros nenos da súa idade.
Fomentamos a escolarización temperá dos seus fillos para potenciar o desenvolvemento dos máis pequenos e previr o traballo infantil. Unha vez que os nenos contribúen aos ingresos familiares a través da mendicidade ou outros traballos propios de persoas adultas, é difÃcil cambiar a dinámica familiar e lograr que os pais renuncien a eses ingresos. O absentismo escolar que leva consigo o traballo infantil provoca nos nenos traballadores dificultades de adaptación á vida da escola e ao grupo de nenos da súa idade, debido a que levan tempo actuando como ‘adultos’. Por estas razóns, se nos formulásemos a súa incorporación tardÃa á escola, encontrariámonos con serias dificultades.
O desenvolvemento destes nenos comeza polo fogar. Para asegurar a continuidade dos beneficiarios no noso programa educativo, involucramos os pais con frecuentes reunións coa escola, a través das cales tratamos de conciencialos do valor da educación.
Aos seus irmáns maiores, habitualmente nenos traballadores que non foron escolarizados no seu momento, animámolos a asistiren a cursos de alfabetización.








English
Español
Français
CatalÃ
Galego