Proxectos

PROXECTOS EN CURSO

Proxecto ‘Escuela’

A través dunha educación integral que inclúe escolarización en hindi e inglés, clases de apoio e actividades lúdico-formativas, brindamos a posibilidade dun futuro mellor para nenos desfavorecidos. Ó mesmo tempo, redúcese o risco de traballo infantil e promovemos a inclusión social.

Ler máis

Alfabetización

Proxecto orientado a nenos traballadores que non foron escolarizados, para que adquiran habilidades básicas. Será complementado en 2012 con talleres de formación profesional para mellorar as oportunidades destos nenos.

Ler máis

Proxecto ‘Asha

O proxecto ‘Asha’ pretende romper o círculo de pobreza no que se atopan as comunidades marxinais dos suburbios de Bazaar Diya e Sigra. A través da educación, promove a inclusión social e asegura a estes nenos e nenas unha vida con dereitos e un futuro digno.

Ler máis

Nutrición e saúde

Para asegurar un crecemento equilibrado e controlar a desnutrición que moitos dos nosos nenos escolarizados sofren, Semilla para el Cambio lles ofrece un almorzo e xantar diarios que reforzan a deficiente dieta que reciben nos seus fogares.

Ler máis

Compartir:
  • Facebook
  • Yahoo! Buzz
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Print
  • PDF
  • email