Visítanos en Benarés

Contacto >> Visítanos en Benarés

© Yan Seiler

Visita os nosos proxectos en Benarés para achegarte á realidade das familias ás que axudamos. Descubre en persoa os resultados da túa solidariedade.

Estas visitas están abertas a individuos, empresas ou institucións, tanto se colaboran con Semilla para el Cambio coma se non, que desexan ver cos seus propios ollos como, grazas ao apoio e solidariedade dos nosos colaboradores, plantamos sementes de esperanza entre a infancia desfavorecida en Benarés, mellorando as súas vidas de forma real e directa.

Programa de visita

A visita dura unhas 3 ou 4 horas e inclúe un xantar. Despois de recoller os visitantes nun punto de encontro, o programa comeza por unha visita á escola Learning Point. A continuación, trasladámonos ao distrito marxinal de Bazaar Biha, onde Semilla para el Cambio proximamente iniciará o proxecto ‘Esperanza’ de escolarización e alfabetización. Despois de parar para xantar nun restaurante de camiño, volvemos ao centro da cidade, para observar o programa de apoio nutricional e as actividades extraescolares ás que asisten os nenos escolarizados do programa ‘Escuela.

O noso guía fala inglés e hindi, e actuará como intérprete se desexas facer preguntas aos nenos/as ou familias visitadas.

Planificación da visita

As visitas pódense realizar calquera día da semana agás o domingo, xa que ese día os colexios están pechados. Debes notificarnos a data e o número de persoas que nos visitarán, para que poidamos organizar a loxística da visita e informarte do punto de encontro e programa detallado de visita. Se queres visitar un neno/a apadriñado/a, infórmanos con anterioridade para que a súa familia estea dispoñible.

O aloxamento e organización da viaxe corre por conta do visitante. Se necesitas asesoramento, le a páxina de Preguntas frecuentes ou ponte en contacto con nós en visitas@semillaparaelcambio.org ou chamando ao +91 9919320131.

> Preguntas frecuentes sobre a visita

Compartir:
  • Facebook
  • Yahoo! Buzz
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Print
  • PDF
  • email