Viaxe de Acción Solidaria

(C) Yan Seiler
Semilla para el Cambio e o proxecto social Open Eyes ofrécenche a posibilidade de coñeceres máis de preto o mundo da cooperación para o desenvolvemento, a través de viaxes alternativas e solidarias de dúas semanas de duración que combinan unha ruta turística pola India cunha estadía na cidade sagrada de Varanasi, onde Semilla para el Cambio realiza o seu labor.
Non se trata dunha viaxe de voluntariado, senón dun curso de iniciación teórico-práctica sobre cooperación e xestión de proxectos. Canda un grupo reducido de entre dez e quince persoas, recórrense Agra, Pushkar, Jaipur e Delhi e mais Varanasi, onde podes coñecer de primeira man a realidade dos slums onde viven os beneficiarios de Semilla e descubrir os proxectos educativos, nutricionais, sanitarios e produtivos que a ong leva a cabo a través de homólogas locais.
A quen vai dirixida: Esta viaxe-curso diríxese a calquera persoa interesada en coñecer de preto o traballo dunha ong sobre o terreo e obter coñecementos básicos de cooperación e proxectos nun contorno de desenvolvemento.
Datas e inscricións: As viaxes de 2013 realizaranse do 15 ao 29 de xullo e do 14 ao 28 de setembro. Teñen un custo de 1780 €, con desprazamento e aloxamento incluídos. Para participares debes enviarnos o teu currículo a info@openeyesproject.com antes do 20 de maio (viaxe de xullo) e do 20 de xullo (edición de setembro).
Para obteres máis información, podes poñerte en contacto connosco no enderezo info@openeyesproject.com ou no teléfono 667 72 18 48.
Pica aquí para descargares o dossier da edición 2013.
Newsletter
Noticias recientes
12 Apr 2013A India limita o orzamento para Sanidade e manteno en Educación
04 Mar 2013Uttar Pradesh celebra un congreso para reducir a mortalidade infantil
18 Feb 2013Uttar Pradesh, entre os estados indios con maior desigualdade entre os sexos
18 Feb 2013O Instituto Fuentepiña, coas mulleres de Marina Silk
